
En moitas ocasións as clases de educación física non poden realizarse nun espacio axeitado. Ben pola falta dun espazo cuberto ou ben polas inclemencias meteorolóxicas adversas nas horas de coincidencia con outro profesor. Nestes casos é necesario ter algúns recursos alternativos para desenvolver cos alumnos: xogos de mesa ou ben actividades interactivas na rede.
A busca de recursos axeitados para traballar en internet non é sinxela dada a gran cantidade de páxinas web nas que aparecen xogos interactivos que non sempre están adaptados ás idades dos alumnos, polo que é necesario facer un filtro previo de moitas desas páxinas, que en ocasións están aloxadas en portais para adultos e con contidos para adultos.
Con este obxectivo pretendo realizar unha seleción dalgunhas aplicacións interactivas que servan para as clases de educación física e que irán aparecendo no apartado de ligazóns.