Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A Educación Física e as TIC
Esta bitácora estará adicada as relacións existentes entre a área de educación física e as tecnoloxías da información e a comunicación.

Categoría: Xustificación

01/05/2007 GMT 1

A Educación Física e as TIC

jmgyanes @ 11:37

Aprendizaxe colaborativo 

   A área da Educación Física escolar é unha disciplina eminentemente práctica, xa que a maioría dos contidos curriculares que ten que desenvolver implican a realización de exercicios físicos por parte do alumnado. Non obstante, a utilización das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) están directamente relacionadas coa mellora da calidade no proceso de ensino-aprendizaxe nesta materia. Tanto o alumnado como o profesorado ten acceso á información dun xeito inmediato, permitindo a elaboración de ferramentas didácticas para desenvolver os aspectos relacionados cos obxectivos, contidos e procedementos desta área curricular.
    A comunidade virtual que participa na internet permite o acceso a inmellorables fontes de información e comunicación entre os profesionais da educación físca. O espiritu colaborativo de construír o coñecemento mediante a compartición dos documentos persoais de traballo de cada profesor fai máis doado o progreso e o cambio metodolóxico que está producíndose na escola pública. 

    O alumnado dispón de infinidade de recursos prácticos para desenvolver as súas capacidades intelectuais. O profesorado conta con recursos de todo tipo para elaborar as súas unidades didácticas, grellas de avaliación ou aplicacións interactivas que permiten desenvolver as capacidades do seu alumnado.

 

 

 

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis