A Educación Física e as TIC
A área da Educación Física escolar é unha disciplina eminentemente práctica, xa que a maioría dos contidos curriculares que ten que desenvolver implican a realización de exercicios físicos por parte do alumnado. Non obstante, a utilización das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) están directamente relacionadas coa mellora da calidade no proceso de ensino-aprendizaxe nesta materia. Tanto o alumnado como o profesorado ten acceso á información dun xeito inmediato, permitindo a elaboración de ferramentas didácticas para desenvolver os aspectos relacionados cos obxectivos, contidos e procedementos desta área curricular.
A comunidade virtual que participa na internet permite o acceso a inmellorables fontes de información e comunicación entre os profesionais da educación físca. O espiritu colaborativo de construír o coñecemento mediante a compartición dos documentos persoais de traballo de cada profesor fai máis doado o progreso e o cambio metodolóxico que está producíndose na escola pública.
O alumnado dispón de infinidade de recursos prácticos para desenvolver as súas capacidades intelectuais. O profesorado conta con recursos de todo tipo para elaborar as súas unidades didácticas, grellas de avaliación ou aplicacións interactivas que permiten desenvolver as capacidades do seu alumnado.

Chúzao
del.icio.us
Xa vexo que fixeches o primeiro post e dame a min que vas seguir.
Benvido e a disfrutar con esta nova "aventura".
Un saúdo
maría
maría | 01-05-2007 - 13:42:12 GMT 1 #
Suerte con tu blog!!!!
Juegos | 23-04-2008 - 00:44:08 GMT 1 #
Nos podias contar un poco mas como va el tema este??
UN saludo.
Inem | 03-10-2008 - 09:59:17 GMT 1 #